VII "ANDAIÑADA NOCTURNA"
O vindeiro día 23 de Xuño (Domingo), realizaremos a tradicional camiñada nocturna do San Xoán no noso Concello. Percorreremos 7 km. por pistas, camiños e corredoiras do municipio para ir abrindo o apetito e dar boa conta, ao remate da mesma, do churrasco e das sardiñas que estarán agardando na Aira Vella.
Haberá música e fogueira do San Xoán.
O prezo das inscricións é de 6€ e o prazo para facelas remata o día 20 de Xuño. ANIMÁDEVOS A VIR!!