Pavillón Polideportivo Municipal
No lugar de A Tella, a uns 400 mt. do centro de Luíntra, sitúase o Pavillón Polideportivo Municipal.
Nesta instalación desenvólvense varias actividades deportivas durante o ano ( ximnasia para adultos, aerobic, adestramentos e competicións de fútbol sala e baloncesto, campionatos de Kick Boxing e outras), sendo tamén punto de acollida do Centro BTT Ribeira Sacra.
Ademais, este espazo serve de lugar de operacións ou de encontro de distintos acontecementos populares cando a climatoloxía impide realizalos no exterior (Magosto Popular, Parada Reis, Desfile Entroido, Centro loxístico Rally Ribeira Sacra, Mercadillo de Nadal e outros).

dirección

Plaza Mayor nº3
32160 Nogueira de Ramuín
Ourense

Contacto

telf: 988 20 10 23
fax: 988 20 11 20
info@nogueiraderamuin.com