Ubicación do Concello
O concello de Nogueira de Ramuín está integrado na comarca ourensá e forma parte da denominada Ribeira Sacra. Ten unha extensión de 98,31 km² e unha poboación de 2067 habitantes segundo o censo do ano 2021. A cabeceira municipal é a poboación de Luíntra (632m. sobre o nivel do mar), distanciada 19 km. da capital ourensá.
Geograficamente sitúase no límite norte da provincia de Ourense, lindando cos concellos de Esgos, Pereiro de Aguiar Ou, Peroxa A e Xunqueira de Espadanedo na provincia de Ourense, e os de Pantón e Sober na de Lugo. Ocupa a confluencia dos ríos Miño e Sil. Limita ao Sur coa depresión ourensá, distribuíndose polas ladeiras da divisoria entre aqueles dous grandes ríos desde as abas de Cabeza de Meda (1.320 m.). Abarca tamén a cabeceira do río Loña, incluíndo polo Leste un pequeno tramo do val do río Arnoia.
As trece parroquias que conforman o municipio, cos respectivos lugares que se agrupan en cada unha delas, son:
ARMARÍZ (San Cristovo)
Armariz, Cancela A, Cardares, Castrelo, Covelo O, Montecelo, Pereiras As, Requeixo, Saa, Tellada A, Valdoasno, Ver de Cima, Ver de Fondo, Ver de Miogo.
A CARBALLEIRA (San Xosé)
Almorfe, Barxela A, Buzaxe A, Carballeira A, Casdecid, Casdosteo, Casuxeto, Celeiros, Covelas, Nespereira, Pena A, Pousada, San Vicente, Santa Xusta, Seara do Río A, Souto do Chao, Val O, Vilanova, Zumento.
CERREDA (Santiago)
Alberguería, A, Cachaldora, Cerreda, Río O, Vilouxe
FARAMONTAOS (Santa María)
Eirexa A, Fondo de Vila, Raposas As, Requeixo, Souto, Vilouríz
LOÑA DO MONTE (San Salvador)
Eirexa A, Fondo de Vila, Raposas As, Requeixo, Souto, Vilouríz
LUÍNTRA: (Santa Baia)
Baldomar, Fontes, Luíntra, Mundín, Seara de Arriba A
MOURA (San Xoán)
Alcouce, O, Cinseiro, Fiscal, Monteverde, Riocabe, Sobrado, Vilasuxá
NOGUEIRA DE RAMUÍN (San Martiño)
Congostros Os, Fontefría, Fontes, Lama Forcada, Liñares, Nogueira, Pacios
SANTO ESTEVO DE RIBAS DE SIL (Santo Estevo)
Acevedo, Biduedo, Cousos Os, Paradela, Pombar, Santo Estevo de Ribas de Sil
SAN MIGUEL DO CAMPO (San Miguel)
Cimadevila, Gundiás, Malburguete, Nigueiroá, Penela A, Saceda, Toxedo O, Val do Pereiro
SANTA CRUZ DE RUBIACÓS (Santa Cruz)
Cortecadela, Espartedo, Picornio, Rubiacós, Santa Cruz, Val da Porca
VILAR DE CERREDA (Santa Baia)
Loureiro, Paradaseca, Rasa A, Vilar
VIÑOÁS (Santa María)
Bertelo, Borraxos Os, Casanova, Coitelo O, Ferreirúa A, Forraqueira A, Mollón O, Pena do Chao, Penalba, Pereira A, Ramuín, Varalongo, Viñoás