O punto de autocaravanas en tránsito de Nogueira de Ramuín é un lugar ideal para facer unha parada na visita á Ribeira Sacra.
Está situado xusto á beira do pavillón deportivo e as piscinas municipais,a menos de 500 metros do centro da localidade de Luíntra, onde os usuarios poden ter servizos como: centro de saúde, farmacia, oficina bancaria, restaurantes, panadería, supermercados, carnicería, perruquerías, ferraxaria así como gasolineira e Cuartel da Garda Civil.
Dende este punto pódese iniciar o circuíto BTT de Ribeira Sacra e a uns 300 metros a ruta de sendeirismo homologada. a ruta de sendeirismo homologada PR-G: 178 'Maquino Largaño'